5 ago 2011

Cuarto día da quenda

Hoxe pola mañá, despois de tomar o almorzo, 


fixemos as dúas rutas que nos faltaban: a do Faro de Cíes e a do Faro da Porta.
Primeiro fixemos a ruta do Faro de Cíes, pasando pola Pedra da Campá 



e por un observatorio de aves, dende o que soamente avistamos gaivotas. 


Cabe destacar que no medio do camiño atopamos un pluviómetro recheo de lixo que algún visitante botou desconsideradamente, o recollemos o levámolo connosco ata un contenedor.
Tamén conseguimos encontrar ó mamífero máis grande das illas, un coello bastante mansiño, pois permitiunos acercarnos o suficiente como para tirarlle unha foto.
Despois da baixada do Faro de Cíes camiñamos ata o Faro da Porta, onde estivemos bastante rato sentados, disfrutando do son do mar rompendo contra os cantís da illa e das magníficas vistas que se teñen da illa Sur.
Nesta excursión ao igual cá que fixemos do Faro do Peito, aprendimos máis sobre o ecosistema das illas,


detectando zonas de repoboamento de árbores como o cerquiño, o loureiro ou o madroño.
Despois da larga caminata, xantamos rápidamente unhas pizzas e tortilla pois pola tarde tiñamos que traballar en dous grupos de dous anotando barcos e recontando xente, e o quinto facendo enquisas sobre o Parque. Teño que recoñecer que tiña as miñas dúbidas sobre si a xente poría pegas en contestar ás preguntas, pero ao final todo o mundo foi moi amable conmigo. 


Como o primeiro grupo tiña que comezar ás tres e media non lles deu tempo a acercarse ata a praia, pero os outros tres que comezamos máis tarde poidemos disfrutar dunhas horiñas de sol e dun chapuzón na praia da Nosa Señora.
Ao final do día nos espera coma sempre unha cena e ducha ben quentes e se non chove moito  daremos algunha volta pola illa para disfrutar de esta última noite nela.

PRIMER DÍA DE CHOIVA NAS ILLAS

Xa de mañá comezaron as primeiras gotas, polo que tivemos que modificar os nosos planes. Decidimos ver o antigo Convento de San Estevo, onde agora hai unha pequena exposición aberta ao público e na primeira planta unha sala de proxeccións onde vimos uns videos sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Despois  contamos cun pouco de tempo libre antes do xantar no que aproveitamos para ordenar as tendas e algún que outro botar unha cabezadiña.
A nosa misión da tarde comezaba cedo. Esta consistía en anotar os barcos e cantidade de pasaxeiros que chegaban á Illa, en grupos de dous, mentres outro realizaban enquisas aos visitantes desta. 
Todo isto pasado por auga e co vento na cara.


Rematada a nosa xornada só queremos un prato e ducha  ben quentes.


Esperamos que veña bó tempo e nos leven á Illa Sur.