Casi saímos voando pero o conseguimos, onte fomos cear ó Faro de Cíes, o punto da illa máis alto que podemos visitar.
O solpor dende alí foi espectacular.
Hoxe repasamos a zona de limpeza de pequenos brotes, raíces e restos da Tradescantia. Aquí está un claro exemplo do antes e do despois da zona invadida por Tradescantia.
Ó rematar o traballo fixemos a última ruta que nos quedaba: o Faro do Peito.
Xantamos e rapidamente baixamos á praia para darnos o último chapuzón. Limpamos a casa, recollimos as tendas e moi tristes nos despedimos das Illas, pero ameazamos con volver.
Ata a próxima!