O día anterior, tras unha noite chuviosa na cal os lóstregos iluminaban o ceo cada poucos segundos, espertamos baixo un ceo encapotado que ameazaba con volver a descargar a súa ira sobre nós. Pola maña comezamos sacando unha pasarela de madeira, bastante desfeita, situada na praia de Rodas.

O segundo traballo da mañá foi a limpeza das cunetas dos camiños, que estaban recheas de follas, que impediron que a auga do diluvio da noite anterior chegase aos sumidoiros (un traballo que chegou un pouco tarde, todo ai que dicilo).
Esa tarde a empregamos en facer a ruta ata o Faro da Porta, na illa do Medio e punto máis achegado a illa Sur, onde lamentablemente non puidemos ir… De todos xeitos, xusto embaixo había unha rocha onde divisamos unha gran cantidade de corvos mariños cristados.

O día de hoxe o comezamos como o día anterior: primeiro fomos a praia de Rodas, esta vez para colocar a nova pasarela.

Despois seguimos coa inenarrable tarefa de limpar as cunetas do camiño (vese como os nosos rezos da noite anterior non foron escoitados) ata a hora de comer.
E agora terminamos de actualizar este blog, ¡que temos que facer as maletas!
Ímonos coa pena de deixar este paraíso natural, pero satisfeitos do traballo realizado.