4 ago 2011

RECOLLIDA DAS PRAIAS

Comezamos o dia levantándonos ás 8:30 e cun bo almorzo. A nosa tarefa deste día foi limpar as praias. Dous de nós foron pola praia da Nosa Señora e polos camiños da illa e os outros tres recolleron a praia de Rodas. Atopamos bastante lixo, sobre todo cabichas e papeliños, polo visto moitos fumadores no son moi considerados co medio ambiente.
Despois de rematar estas rutas, reunímonos no porto de Rodas para comprobar canto lixo recolectamos en xeral e descansar un ratiño, para logo seguir recollendo polos camiños que levan á praia de Muxieiro e os da praia de Figueiras.



Á volta cara o camping atopamos de novo lixo polas zonas nas que xa recolleramos antes e o fomos collendo  polo camiño.
Ó rematar preparamos o xantar e fomos de inmediato para a praia aproveitando o tempo libre que tiñamos, pois ás 6 fixemos unha excursión ata o Faro do Peito e o Alto do Príncipe.







Durante a ruta Antía foinos explicando os distintos ecosistemas que compoñen ás illas, como por exemplo a Lagoa dos Nenos , 


a formación das dunas,os animais que habitan no parque e as distintas árbores que existen, destacando as especies invasoras dos eucaliptos e das acacias negras


e a invasión de visóns americanos.

Comentáronnos tamén que seguramente non fagamos a visita á illa Sur! O cal deixounos moi amolados, pero mantemos as esperanzas de que poidamos ir.
Para rematar o día ceamos e recuperamos as forzas que perdéramos despois de camiñar tanto e pola noite fomos de paseo ata Rodas e botamos uns bailes.