Cando a noite xa estaba a punto de caer, o que comezou a caer foi un diluvio, de auga e de lóstregos. O “vestíbulo” da tenda, que non ten chan de plástico, inundouse tanto que ata nos saíron miñocas. E contamos ata 26 lóstregos nun só minuto.
22 ago 2011
DÍA 21
Onte comezamos na praia de Figueiras. Iso si, traballando. O día anterior a algunhas intelixentes personaxes tiveron a grande idea de construír unhas pallozas, sabe deus con que fin, con paus do bosque.
Botamos alí unha media hora larga desmontándoas e devolvendo a madeira a onde debe estar.
Ao acabar, aproveitando que xa estabamos na Illa Norte, fixemos a ruta do Faro do Peito,
que rematamos no observatorio de aves onde, con paciencia e pulso, logramos facer algunha fotiño a un corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) a través dos prismáticos.
E, como quedaba tempo, tamén aproveitamos para facer a ruta do Alto do Príncipe, onde gozamos das súas magníficas vistas.
Pola tarde, o mesmo traballo do día anterior, pero cada grupo cambiando os papeis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)