22 jul 2011

Presentación Camiño a Camiño en Cíes

EDICIÓN DE VERÁN
O programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño” desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente e de Xuventude, en colaboración co Parque nacional das Illas Atlánticas, vai desenvolver durante os meses de xullo a setembro de 2011 un programa de sensibilización e voluntariado medioambiental nas Illas Cies.
Como en edicións anteriores, "Camiño a Camiño" ábrese á cidadanía viguesa para achegar os distintos espazos con riqueza medioambiental e proporcionar unha oportunidade para coñecelos, sentilos e integrarse neles. Nesta edición de verán a actividade vaise centrar na "xoia" medioambiental localizada no Parque nacional das Illas Atlánticas: as Illas Cies.
260 vigueses e viguesas van ter a oportunidade de acampar na illa, coñecer a fondo os recursos naturais asentados na mesma e colaborar na súa conservación, facendo deste xeito compatible un ecosistema privilexiado e protexido coa presenza de turistas.


ACTIVIDADES
As habituais camiñadas de "Camiño a camiño" polas diversos roteiros da illa será unha das actividades destacadas. Nesta ocasión, acompañado dos monitores correspondentes, realizaránse fotografías e estará dispoñible toda a información neste blog.
A laboura de voluntariado ambiental a realizar de acordo coas propostas efectuadas polo Parque nacional será a segunda gran tarefa a desenvolver por parte dos participantes. Entre as actividades previstas atópase a retirada de plantas invasoras, o coidado das dunas, etc, así como a sensibilización a través da recollida de cabichas, limpeza de praias, etc
Nalgunha quenda terán lugar actuacións específicas como pode ser a visita a Illa Sur ou a sensibilización nocturna sobre a importancia dun comportamento respectuoso para cos animais residentes na Illa.
No programa está previsto a disposición de tempo para intendencia (organización das tendas, facer a comida (tamén existe un menú económico no camping), etc) e para disfroitar da praia ou do entorno.


CALENDARIO
O programa estrutúrase en dúas partes:
a) 23 xullo – 2 setembro (inscrición dende o 19 de xullo na Casa da Xuventude (ver enlace Xuventude Vigo)
Quendas: 5 xóvenes entre 18 e 35 anos. 23-27 xullo, 28 xullo – 1 agosto, 2-6 agosto. 7-11 agosto, 12-16 agosto, 19-23 agosto, 24-28 agosto, 29 agosto – 2 setembro 
b) 3 – 30 setembro (inscrición dende o 29 de agosto no 010 (ver enlace Medio Ambiente Vigo).
Quendas fins de semana: 50 adultos. 3-4 setembro, 10-11 setembro, 17-18 setembro e 24-25 setembro
Quendas semana: 5 adultos. 5-9 setembro, 12-16 setembro, 19-23 setembro e 26-30 setembro