Despois, a iso das oito e media, fun a ver a posta do sol dende a ponte: impresionante, mesmo parece que por intres hai lume no mar, e o reflexo do sol nas rochas amarelas parece ouro, quedaste alí sentado sen escoitar mais co mar e desconectas de todo o bullicio e o estrés da cidade. Aquí o tempo pasa mais despacio, sen reloxo, móbiles ou aparellos electrónicos, cando se pon o sol vas cenar e xa está…
Onte estivemos limpando o lago, aproveitando que polo equinocio as mareas baixan moito. Acabei esgotado xa a que a area e moi fina e enterraste moito, o mar trouxo moita trapallada: cordas, plásticos e ata botellas de vidro.
Foi o día mais duro de traballo e pola tarde xa non tiña forzas para facer senderismo asique, mais praia. Estou indo cada día a unha diferente para así podelas disfrutar todas e onte tocoume a de Figueiras (tamén coñecida como a dos alemáns) e mais do mismo, tódala praia para mi só, a non ser algún visitante de diario que se deixa caer. Para o meu gusto a mellor de todas, aillada entre árboles, a orientación da área cara o sol, fora de camiños principais… Pola noite fun con xente que traballa no camping a facer unha despedida no Rodas xa que mañán marcha case todo o mundo, e foi moi agradable. Nos deron as tres da mañá na terraza falando.
Hoxe hai que recoller, quedábame con gusto outra semana mais, e sí, pódese votar unha semana sen móbil, internet e televisión. O acabo de comprobar e estou vivo para contalo.
Hai que desmontar e volver para a cidade, outra vez a vida real, espero repetir para o ano, e recoméndolle isto a todo o mundo, merece a pena.