30 sept 2011

Comprobado, pódese vivir sen móbil

O mércores o tempo non axudou moito, xa que ainda que pouco estivo a chover pola mañán. A primeira hora actualizamos o blog e por fin subín ao faro, facendo as tarefas de limpeza, e ainda que fixo bastante vento a visibilidade era magnífica. Míranse tódalas Rías Baixas. As illas dende ali arriba son impresionantes, ves voar as gaivotas por debaixo de ti e da vértigo mirar
para abaixo, o mar rompendo contra as rochas, Cabo Home, a illa sur, e ali enfrente Vigo tan preto e a vez tan lonxe. Pola tarde abriu e estiven na praia. Quedeime na de Rodas ollando a subida da marea e como o mar pasaba por enriba da ponte e mollaba a algún turista despistado.

Despois, a iso das oito e media, fun a ver a posta do sol dende a ponte: impresionante, mesmo parece que por intres hai lume no mar, e o reflexo do sol nas rochas amarelas parece ouro, quedaste alí sentado sen escoitar mais co mar e desconectas de todo o bullicio e o estrés da cidade. Aquí o tempo pasa mais despacio, sen reloxo, móbiles ou aparellos electrónicos, cando se pon o sol vas cenar e xa está…

Onte estivemos limpando o lago, aproveitando que polo equinocio as mareas baixan moito. Acabei esgotado xa a que a area e moi fina e enterraste moito, o mar trouxo moita trapallada: cordas, plásticos e ata botellas de vidro.


Foi o día mais duro de traballo e pola tarde xa non tiña forzas para facer senderismo asique, mais praia. Estou indo cada día a unha diferente para así podelas disfrutar todas e onte tocoume a de Figueiras (tamén coñecida como a dos alemáns) e mais do mismo, tódala praia para mi só, a non ser algún visitante de diario que se deixa caer. Para o meu gusto a mellor de todas, aillada entre árboles, a orientación da área cara o sol, fora de camiños principais… Pola noite fun con xente que traballa no camping a facer unha despedida no Rodas xa que mañán marcha case todo o mundo, e foi moi agradable. Nos deron as tres da mañá na terraza falando.

Hoxe hai que recoller, quedábame con gusto outra semana mais, e sí, pódese votar unha semana sen móbil, internet e televisión. O acabo de comprobar e estou vivo para contalo.

Hai que desmontar e volver para a cidade, outra vez a vida real, espero repetir para o ano, e recoméndolle isto a todo o mundo, merece a pena.