8 ago 2011

Chegada á illa e instalación


Levantámonos pola mañá para coller o barco rumbo a Cíes. O mar estaba calmo aínda que algún se mareou no barco.
Ao chegar a terra collemos tódolos aparellos rumbo ao camping onde nos esperaban dúas tendas para deixar a nosas cousas. Despois de axeitar todo subimos a casa dos forestais que nos deixan a sua cociña para que poidamos xantar quente. 



Cada un se preparou a sua comida e fomos a disfrutar dunhas horiñas na praia.

Despois de descansar do tute do día quedamos as seis da tarde para ir a unha zona da illa a quitar Tradescantia, unha especie invasora e exótica que está a invadir as especies autóctonas do Parque. Antía, a nosa monitora, amosounos a maneira correcta de facelo, xa que si arrincas a pranta e a raíz racha, nacerían moitas mais prantas e non fariamos nada. Estivemos duas horas e sacamos seis sacos cheos de prantas….


Para rematar a xornada fómonos duchar e ceamos todos xuntos na casiña, para despois ir ao bar do camping a tomar algo e xogar ás cartas, despois descansar para o día seguinte, facer unha rutiña e traballar a tope.