25 jul 2011

Primeira toma de contacto coa Tradescantia

Despois de desembarcar no peirao, dirixímonos ó camping para montar as tendas. Esperemos que sigan en pé ata o final. Fixemos labores de limpeza na casa forestal para poder usar as instalacións. Despois do duro día de traballo mereciamos un chapuzón. Ó atardecer leváronnos á zona de traballo e nos presentaron á Tradescantia.
A Tradescantia é unha planta de orixen tropical e subtropical, representada en Europa por especies de carácter ornamental.

Esta especie invasora crece formando tapices continuos no sotobosque (parte baixa do bosque), e impide o desenvolvemento das especies autóctonas.
O método empregado para a erradicación consistirá en desplantar planta a planta manualmente sin que nos queden raíces e talos soltos polo chan, xa que en contacto con el volverían a prender.


Para rematar o día paseamos ata o Faro da Porta para ver o solpor e a "ansiada" illa Sur.