3 ago 2011

CHEGADA DO TERCEIRO GRUPO

O desembarque na illa foi con bo pé, tivemo-la sorte de ter dispoñible un vehículo que nos recolleu as maletas e demáis útiles para no-las levar ata o camping. Aquí tedes unha mostra da cantidade de equipaxe que levabamos enriba .


Estámoslles moi agradecidos por librarnos de ter que levar toda a equipaxe ás costas.

Despois de asentar as cousas nas tendas, preparamos o xatar na cociña que temos á nosa disposición, que dispón de todo o necesario para cociñar.
A nosa monitora, Antía,  encargounos a nosa primeira tarefa, algo bastante sinxelo. Debíamos anotar as horas de chegada dos barcos que viñan e marchaban da illa norte, apuntar os seus nomes e as navieras ás que pertencían. Repartímonos en tres grupos, traballando dúas horas cada un.


Finalmente ceamos, falamos das tarefas do día seguinte e fomos tomar algo ata a cafetería do camping para botar unha partida ás cartas.