9 ago 2011

Segundo día

Comezou levantándonos cediño para ir axudar no porto de Carracido a mover os contenedores. Foi un cambio de planes na última hora xa que tiñamos pensado ir a esa hora a facer a ruta, pero é o que che tem isto de estar a disposición dos forestais, se hai que ir botar unha man a última hora vaise e de paso vimos o lado oculto de Cíes, desembarco das maercadorías das tendas e dos restaurantes, gasoil para os xeneradores e ata as bebidas que seguramente bebemos nós nos bares unhas horas mais tarde.

Logo deste chollo, comezamos a ruta pola illa do Faro e fomos ata o Faro da Porta


e despois das espectaculares vistas que tiñámos da illa Sur e unhas cantas fotos voltamos para xantar xa que se facía tarde.


Logo de meterlle algo no estómago, dividímonos en dous grupos xa que había quer facer dous tipos de traballo.
Un dos grupos dirxiuse ao peirao de Rodas para controlar os horarios de atraque das navieras e o número de personas que viñan en cada unha delas para ter un control dos visitantes que veñen ao Parque Nacional.
O outro grupo seguiu co traballo do primeiro día, que consistía en arrincar a maldita Tradescantia, esa herva invasora que quere rematar co noxo fento e o noso toxo. Xa vos podo adiantar que case temos gañada a guerra e a sua presenza na illa está case erradicada.

Cada grupo foi rematando co seu traballo e quedamos todos as nove e media da noite para cear.
Tras a cea e sendo xa preto das 11 da noite fomos dar un paseiño ata o peirao de Rodas e a verdade e que paga a pena ver esa perspectiva da illa de noite con esa tranquilidade e sen o balbordo da xente.


Todo isto acompañado cunha lúa case chea que facía unha postal para lembrar.
Despois dese cafeciño na cafetería de Rodas e sendo xa preto das doce e media voltamos para as tendas xa que o dia seguinte tiñamos que levantarnos cedo.
Maná será outro dia e xa vós iremos contando.


Terceiro dia.
Xa vós estamos contando, levantámonos a mesma hora para almorzar e fixemos duas rutas pola illa Norte, unha ao Alto do Príncipe e outra ao Faro do Peito.


Pola tarde dividímonos en dous grupos e fixemos a mesma tarefa do día anterior.




Pola noite durante a cea Chus Lago deunos unha boa noticia, xa vos contaremos…