6 ago 2011

ÚLTIMO DÍA

Comezamos o noso último día de quenda pasados por auga, choveu durante toda a noite e
por ese motivo retrasamos o almorzo.
O clima nestas últimas horas da nosa estancia na illa fixo que nos suspenderan o traballo
 previsto para hoxe.
Ainda así o día prevese bo, aproveitaremos estos últimos momentos para recordar en grupo todo o que vivimos e recoller as nosas cousas das tendas para deixalas ben limpas.

Á volta iremos máis lixeiros que o comezo pois desta vez non teremos que cargar coas maletas nas que gardabamos a comida.

Agradecerlle a Antía o trato que nos prestou, gracias a ela ampliamos os nosos coñecementos sobre o medio ambiente e concienciámonos máis sobre a importancia de coidalo e non ensucialo.
Tamén agradecer á Concelleria de Medioambiente e Xuventude por ofrecer esta oportunidade á mocedade.