5 ago 2011

Cuarto día da quenda

Hoxe pola mañá, despois de tomar o almorzo, 


fixemos as dúas rutas que nos faltaban: a do Faro de Cíes e a do Faro da Porta.
Primeiro fixemos a ruta do Faro de Cíes, pasando pola Pedra da Campá 



e por un observatorio de aves, dende o que soamente avistamos gaivotas. 


Cabe destacar que no medio do camiño atopamos un pluviómetro recheo de lixo que algún visitante botou desconsideradamente, o recollemos o levámolo connosco ata un contenedor.
Tamén conseguimos encontrar ó mamífero máis grande das illas, un coello bastante mansiño, pois permitiunos acercarnos o suficiente como para tirarlle unha foto.
Despois da baixada do Faro de Cíes camiñamos ata o Faro da Porta, onde estivemos bastante rato sentados, disfrutando do son do mar rompendo contra os cantís da illa e das magníficas vistas que se teñen da illa Sur.
Nesta excursión ao igual cá que fixemos do Faro do Peito, aprendimos máis sobre o ecosistema das illas,


detectando zonas de repoboamento de árbores como o cerquiño, o loureiro ou o madroño.
Despois da larga caminata, xantamos rápidamente unhas pizzas e tortilla pois pola tarde tiñamos que traballar en dous grupos de dous anotando barcos e recontando xente, e o quinto facendo enquisas sobre o Parque. Teño que recoñecer que tiña as miñas dúbidas sobre si a xente poría pegas en contestar ás preguntas, pero ao final todo o mundo foi moi amable conmigo. 


Como o primeiro grupo tiña que comezar ás tres e media non lles deu tempo a acercarse ata a praia, pero os outros tres que comezamos máis tarde poidemos disfrutar dunhas horiñas de sol e dun chapuzón na praia da Nosa Señora.
Ao final do día nos espera coma sempre unha cena e ducha ben quentes e se non chove moito  daremos algunha volta pola illa para disfrutar de esta última noite nela.