11 sept 2011

OUTRA VEZ Á CARGA (QUENDA B)


O sábado o peirao de Vigo estaba com máis xente que a pasada fin de semán. O boca a boca de traballo e bon facer da outra vez fixo o efeito agardado e nesta ocasión enchéronse as prazas para o voluntariado do programa Camiño a Camiño en Cíes.
O mar estaba picado na travesía, alguns mareáronse un pouco, o ceo estaba ben gris e todo ameazaba de moita choiva, pero iso non arredou á xente a entusiasmarse con vir e con boa concienciación da tarefa que ían realizar.
Chegamos e montamo-las tendas. Algunhas famílias aloxáronse nas que a Concellería de Medio Ambente ten montadas.
Todos quedamos á unha da tarde para repartir as tarxetas de campista que dan acceso ao menú que o restaurante do camping ten para os participantes de Camiño a Camiño en Cíes. Ademais explicáronse as normas do camping e do Parque Nacional e organizáronse as tarefas de traballo nas que ocuparíamos a fin de semán.
Comenzamos a traballar a iso das catro da tarde ata as oito. Un grupo foi arrincar e limpar unha zona de monte, dos eucaliptos e acácia negra. O outro grupo de menor cantidade de xente, por mor de non estropear moito o ecosistema dunar, foron a quitar cascotes de pedra e escombro que nalguns sítios afloran da area. Este segundo grupo encheu todo un tractor de escombro pero sen chegar a rematar toda a tarefa porque ali hai ainda moito que facer.
Outro tanto lle ocorreu aos do primeiro grupo que implicándose a tope na tarefa de limpeza de eucaliptos e acácia negra, deixaron moito que facer ainda pois aquilo é unha verdadeira praga e permítelle á xente concienciarse do grave que é a situación se non se lle está enriba DIARIAMENTE nas tarefas de limpeza e mantemento da saúde do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Aínda que cansos, pero cunha ilusión férrea unha vez rematado todo alo polas oito da tarde , a xente propuxo se podería facer unha rotiña pola illa norte ao que os monitores, sorprendidos pola iniciativa e ilusión da xente, accederon gustosamente e nos relaxamos ao chegar ao Alto do Príncipe, onde poidemos disfrutar do bravo mar que golpeaba contra os cantis exteriores das Illas contrastando ca suavidade e calma do interior da Ría de Vigo. ¡Canto protexen as Illas Atlánticas das fortes correntes e tempestades ao interior das nosas maravillosas Rías  Baixas!
Erguémonos ao día seguinte, domingo, cunha espectativa de tempo bastante pesimista, pero non choveu, así que dividímonos de novo en dous grupos de traballo. Uns realizaron a ruta dos faros e os outros recorreron  dende o areal de Figueras ata ao final do areal de Rodas, percorrendo todo o camiño recollendo o lixo que a xente deixa ao seu paso pola illa pero tamén o que trae o mar e que tamén é produto da  influenza do ser humán ao seu paso por onde vai.
A xente implicouse de xeito enormemente satisfactorio. Os pais educaban aos seus fillos, vestíndoos igoal ca eles, con chalecos e guantes cos que a Concellería de Medio Ambiente proveu aos seus voluntários, e levándoos consigo buscando e atopando lixo onde non aparentaba a simple vista que houbera algo tirado. Grupos de rapaces novos traballaron arreo con esforzo e implicación a retirar lixo e limpar de especies exóticas e invasoras que consumen as illas Cíes.

O resume fotográfico da fin semana 10-11 setembro atópase na solapa "Quenda B"