11 ago 2011

Último día.


O día comezou facendo unha ruta ata o Faro de Cíes, 


dende alí tiñamos boas vistas xa que é o punto máis alto ao que se ten acceso das illas. Ao baixar fomos ata a Pedra da Campá e ao Observatorio de aves. Antía amosounos unha pranta característica dos cantis chamada Herba de Namorar. 
Despois de ter unha maña de rutas e boas vistas dende os puntos anteriores, rematamos a xornada no edifício do antigo convento que agora é outro punto de información.

Agora soamente nos queda xantar, recoller e esperar ata o ano que ven para repetir.