28 sept 2011

"Lume no mar"

Levo dous días nas illas e ainda non entendo coma sendo de Vigo non visitara nunca esta maravilla da natureza, pero agora gracias o programa Camiño a Camiño estou tendo a oportunidade de coñecer esto a fondo.

O primeiro día nada mais chegar con Antía (a monitora do Concello) que por certo e unha rapaza moi amabel, atenta e a que me está axudando a disfrutar de todo isto, xa que e unha guía excelente que gracias aos seus coñecementos de toda a natureza, estame axudando a disfrutar moito mais a fondo de todo isto. Documentoume da sua propia colleita de toda a natureza bioloxica terreste e mariña, fauna e flora, etc., e así empapaste mais a fondo do pouquiño que ata agora e podido ollar.

Levo dous dias e as tardes gústame ir a praia a ler, e a verdade é que a forma de ler, totalmente aillado e só na praia xa que nas duas tardes, estiven totalmente solo na praia Estes dias nas illas estamos 12 persoas en total, e 11 son traballadores, estou eu só no camping e a paz que se respira e alucinante. A eso das nove da noite subo ata a ponte a ollar o anoitecer e a verdade non teño palabras para describilo, parece mesmo lume no mar.

¡Ah! o traballo…. A verdade empecei hoxe pola mañá e as tardes as temos libres. O que fixen foi ir recollendo cabuxas e papeis polas rutas da illa norte e a verdade un dez en civismo para toda a cidadanía que visita as Cíes xa que estan limpísimas e iso que por razones obvias non hai papeleras nas illas. Cheguei limpando ata o Alto do Príncipe e sentéime na silla da raíña unha hora a contemplar a paisaxe. A bruma da mañá dáballe as illas un toque perfecto, para un cadro. Despois, grazas a limpeza que todos conseguides ó visitar as illas sobróume tempo para estar media hora ollando dende a ponte a Lagoa dos Nenos, con toda a variedade de especies que a marea baixa deixa ver.

Ainda non tiven tempo de subir ao faro, ¿O creedes? …. Mañán mais….